Nace en Compostela Edizer Livros, un firma editorial en reintegrado
Morre ós 77 Anisia Miranda , esposa de Neira Vilas
A escritora Anisia Miranda faleceu o pasado xoves na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Miranda era a vicepresidenta da Fundación Neira Vilas, a fundación dedicada á figura do seu home, Xosé Neira Vilas. A autora, que era filla de emigrantes ourensáns, naceu en Cuba, na vila de Ciego de Ávila. En 1953 trasladouse a Bos Aires, onde participou en numerosos proxectos de difusión cultural en colaboración con moitos persoeiros da emigración.
En colaboración con Neira Vilas, Miranda fundou no ano 1957 en cuba o proxecto editorial Follas Novas, para a distribución do libro en galego en América. Na produción literaria de Miranda sobranceu a escrita infantil, para a que escribiu libros como Pardela amiga,A primeira aventura e Mitos e lendas da vella Grecia.
Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar varias obras da escritora:
- Cantarolas
- Mitos e lendas da vella Grecia
- A cama, a bolboreta e o paxariño
- A casa dos títeres
- Cantarolas e contos prá xente miuda
- A primeira aventura
- A volta do Compay Grilo
Gómez Cerdá, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
O escritor madrileño Alfredo Gómez Cerdá alzouse co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra "Barro de Medellín". Dotado con 20.000 euros, este premio distingue ó mellor libro de literatura infantil ou xuvenil publicado ó longo de 2008 en calquera das linguas oficiais que falan en España. O director xeral do Libro, Rogelio Blanco, presidiu o xurado, integrado tamén, entre outros, por Mónica Fernández, José María Merino, Xavier Carro, Marta Vilagut, Noemí Villamuza e os dous últimos autores galardoados, Jordi Sierra i Fabra e Agustín Fernández Paz.- A través del cristal empañado
- Apareció en mi ventana
- Amalia, Amelia y Emilia
- El huevo del ornitorrinco
- Barro de Medellín
- Tras la pista del abuelo
- Oso tramposo
- El monstruo y la bibliotecaria
- Palabra de nadie
- Andrea y el cuarto Rey Mago
Ángeles Caso Premio Planeta 2009
- El peso de las sombras
- Elisabeth de Austria-Hungría : álbum privado
- El verano de Lucky
- Un largo silencio
- El mundo visto desde el cielo
- Elisabeth, emperatriz de Austria-Hungría o el hada maldita
- El resto de la vida
- Las olvidadas : una historia de mujeres creadoras
- 5 x 2 = 9 : diez miradas contra la violencia de género / VVAA
Adeus a Reinhard Mohn, fundador do Círculo de Lectores
O falecemento do empresario alemán Reinhard Mohn (1921-2009), fundador do Club Círculo de Lectores en España, o pasado sábado na súa cidade natal de Gütersloh, supón o adeus a un home que marcou unha época no mundo da comunicación grazas a un importante grupo que hoxe controla dende unha canle de televisión ata varias editoriais en distintos países.Mohn, fundador do grupo empresarial Fundación Bertelsmann, obtivo importantes recoñecementos ao longo da súa vida entre os que destaca o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 1998.
Todas estas distincións viñeron tras demostrar que foi un home que fixo o seu imperio pouco a pouco, convertindo a pequena editorial familiar Bertelsmann nun gran grupo de medios de comunicación global. Tras ser prisioneiro de guerra e iniciar unha formación profesional de libreiro, en 1947 asumiu a dirección da imprenta e editorial, a cal expandiu máis aló do mero negocio de edición e de distribución.
En concreto, en España, Mohn creou o Club Círculo de Lectores e a imprenta Printer en 1962. A partir de aí, desenvolveu unha exitosa actividade empresarial que hoxe inclúe a editorial Random House Mondadori (Plaza & Janés, Grijalbo, Debate) e a editora de revistas GyJ, con cabeceiras como Muy Interesante, Ser Padres ou Cosmopolitan e Marie Claire.
Morre Muñoz Rojas, Premio Nacional de Poesía
O poeta e escritor José Antonio Muñoz Rojas finou antonte na localidade malegueña de Antequera ós poucos días de cumprir os cen anos. Formou parte do grupo de poetas da Xeración do 36 e foi Premio Nacional de Poesía 1998 e Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana 2002. Este mismo ano, con motivo da celebración do seu nacemento, a Xunta de Andalucía declarouno Autor do Ano, xunto con Antonio Machado. Coincidindo con este feito organizáronse varios actos que culminarán nun congreso internacional no que se debatirá a aportación do poeta á literatura española. A apertura do congreso estaba prevista para o próximo 8 de outubro, vísperas do cumpreanos do autor.
Aleixandre será homenaxeada no Día Mundial da Traducción
Marilar Aleixandre recibirá unha homenaxe o vindeiro 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, pola súa traxectoria e significación para a cultura galega así como a súa "integración na vangarda intelectual do mundo contemporáneo.
A traxetoria desta premiada narradora -recibiu, entre outros, o Esquío, o Xerais ou o Álvaro Cunqueiro- no eido da tradución non é, con todo, demasiado longa.
Ten traducido do inglés ao galego títulos como Muller ceiba de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán de Lewis Carroll, Harry Potter e a pedra filosofal de J. K. Rowling ou o libro infantil Babaiaga de Le Thanh e Tai Marc.
Aleixandre, nada en Madrid aínda que residente en Galicia dende 1973, foi recoñecida co galardón da Crítica á creación literaria en galego en 1995. Ademais, boa parte da súa obra narrativa foi traducida a todas as linguas peninsulares.
Nas Bibliotecas Municipais ofrecémosche entre outros os seguintes títulos:
- O rescate de Peneireiro / Marilar Aleixandre.—Vigo : Xerais, 1995.
- La expedición del pafícico / Marilar Aleixandre.— Madrid : Anaya, 1996.
- Paxaros de papel / Marilar Aleixandre .— Vigo : Xerais, 2001.
- Mudanzas / Marilar Aleixandre. — Santiago de Compostela : PEN Clube, 2007.
- A Vaca de Fisterra e trabe de alcatrán.— Zaragoza : Edelvives, 2003.
- Calle carbón / Marilar Aleixandre. — Madrid : SM, 2006.
“El símbolo perdido” fai historia antes de sair publicado

A Continuación das aventuras do Robert Lagdon, o protagonista de "O código Da Vinci" estáse a converter no libro para adultos máis vendido de Amazon antes da súa publicación.
Deste xeito a editorial Random House indicaron que o grupo preparou 5 millóns de copias para a primeira edición tan só para Norteamérica.
Fonte: La Opinión
Curtas na praza de Azcárraga todos os venres de setembro
As curtas que se proxectarán ao longo do mes serán as seguintes:
Venres 4 de setembro:
Pánico a una muerte ridícula- Rubén Stein. Ficción
No corras tanto- César Díaz Melendez. Animación
Ferro ardendo- Miguel García Fernández
Cestla Vie- Young gyu Lee. Animación
Cores- Jairo Iglesias. Ficción 
Mariñeiros- Omar Rabuñal. Ficción
La sortie- Jesús Domínguez Sánchez. Documental
O raio transparente- Pancho Lapeña. Animación
Venres, 11 de setembro:
The Wereping- Sam Orti Marti. Animación
Niño Balcón- Pilar Palomero. Ficción
Tan preto e tan lonxe- Isabel Rey Fernández. Documental
Socarrat- David Montero. Ficción
En la otra camilla- Luis Melgar. Ficción
In the name of God- Julia Geker. Animación
El encargado- Sergio Barrejón. Ficción
Campás- Jairo Iglesias. Ficción
Venres, 18 de setembro:
0,8 Miligramos- Imanol Ruíz de Lara. Ficción
Continuará- Esther Fernández Carrodeaugas. Animación
Túneles en el río- Augusta Zourelidi. Animación
Funners- Marc Reixach. Ficción
On the line- Jon Garaño. Ficción
Poder ser- Carlos Seijo. Ficción
Marruecos, un viaje de colores-Álvaro Sanz Alonso
Venres, 25 de setembro:
El ministerio del pez- Giovanni Maccelli. Animación
Muto- Blu. Animación
La chica dentro de la caja- Matt Dickinson. Documental
Micntc- Isabel de o Campo. Ficción
Vellas- Carlos Prado Pampín. Ficción
Mei Ling- Stepahnie Lansagne & Francois Leroy. Animación
Stikk- Vifidis Nielsen. Ficción
No se preocupe- Eva Ungría. Ficción
Todas as proxeccións terán lugar na praza de Azcárraga ás 22:30 horas.

