Posteado por: Mery en Xeral 08-10-2009

 Herta Muller

A novelista, poetisa e ensaísta romanés-alemá Herta Müller é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2009. Entrégase o 10 de decembro, aniversario da morte do seu fundador, Alfred Nobel.

Para a Academia Sueca, Herta Müller "coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposuídos". O certo é que a súa obra encarna en boa parte o destino das minorías alemá nos países do centro de Europa que, tras o fin da Segunda Guerra Mundial, en moitas ocasións tiveron que pagar por partida dobre as culpas do nacionalsocialismo.

En España están editadas varias das súas obras, entre outras:

  • En tierras bajas (Siruela)
  • El hombre es un gran faisán en el mundo (Siruela)
  • La bestia del corazón (Mondadori)
  • La piel del zorro (Plaza&Janés).


Posteado por: Mery en Xeral, Actividades do club 27-05-2009
 
Onte os clubes de lectura e o taller de "Nunca é tarde", fomos facer o roteiro literario da Esmorga a Ourense, e tivemos a honra de que nos acompañase nesta visita a nosa Concelleira de Cultura, Mª Xosé Bravo. Percorremos os mesmos lugares dos protagonistas da obra (Cibrán, Bocas e Milhomes) todos eles sinalados cunhas placas con fragmentos da obra. A todos nos quedou un grato recordo da cidade da Esmorga de Branco Amor, das súas rúas, da súa magnífica catedral, das súas fontes, ata do cafeciño no Liceo Ourensan.

Tamén nos acordamo, onte, neste pasear por as ruas da "Esmorga" de moitos dos nosos compañeiros do clube, que por diversas circunstancias, non nos puideron acompañar e que por ser grandes apaixonados da lectura, gozarían e vivirían intensamente este roteiro.

Por último agradecer ao Alcalde e á Concelleira de Cultura de Ourense o grato recibimento que tivemos.

Somos noticia:La Voz de Galicia, ed. Ourense

Posteado por: Mery en Xeral, Actividades do club 22-05-2009
Roteiro da Esmorga
Despois da Lectura da Esmorga de Eduardo Blanco Amor, para festexar este ano os seus 50 anos de vida, imos facer o roteiro literario da Esmorga a Ourense. A historia e a propia fisionomía da cidade cambiaron dende que Blanco Amor a escribiu en 1959, pero segue sendo posible revivir, aínda que a distancia do tempo, a ruta dos seus personaxes, dende a Avenida de Zamora ata a Alameda, pasando pola tranquilidade das estreitas rúas do casco histórico., xa non é o Ourense da posguerra, pero ‘A Esmorga’ segue tan viva como antes.

¡Apúntate!

 Saída o martes 26 de maio as 9:30 dende o Forum Metropolitano.

 Máis información na Biblioteca do Forum.

Posteado por: Mery en Xeral, Estamos lendo, Actividades do club
La ladrona de librosNadie mejor que la muerte para narrar una historia en la Alemania nazi de la Segunda Guerra Mundial que describe las peripecias de una niña alemana de nueve años, la pequeña Liesel, desde que es dada en adopción por su madre hasta el final de la guerra. Con Su nueva familia, Hans y Rosa, gente sencilla y nada afecta al nazismo, descubrirá el poder de las palabras, cuando su padre le enseñe a leer en un libro que la niña robó en el cementerio donde fue enterrado su hermano. A partir de ese momento, Liesel irá construyendo un mundo paralelo, empleando otros libros que va robando poco a poco y las páginas que escribe para ella Max, un judío, refugiado en el sótano de la casa familiar. Con esas lecturas logrará distraerse durante los bombardeos y combatir la tristeza. Pero será el libro que ella misma está escribiendo el que finalmente le salvará la vida.
Una novela preciosa, tremendamente humana y emocionante, con un extraordinario poder de las palabras, escrita por el australiano Markus Zusak a partir de los recuerdos familiares.
Posteado por: Mery en Xeral

A avoa blogueiraA avoa "blogueira" falece aos 97 anos, descansa onde sempre quixo estar:

"Non quero bágoas nin frores. Só quero a pedra de abalar dos meus amores".

Botarémoste de menos.

http://www.amis95.blogspot.com/

Posteado por: Mery en Xeral 18-11-2008

Despois de toda unha semana de celebración do noso aniversario, nada menos que 10 anos, volvemos á rutina das nosas reunións nos clubs. Esta semana de celebración deixáronnos moitos e agradables encontros. Se tivese que elixir un non sabería cál escoller cada un, gustoume por diversos motivos:

  • O encontro con Perozo e Pedro Ramos ensinounos outros puntos de vista do libro, visto dende dentro, dende a súa estrutura literaria, é dicir dende a súa estada.
  • O coloquio con María Reimóndez, achégonos a visión do panorama da literatura galega na actualidade, ademais de coñecer a unha persoa do máis interesante e do máis alcanzable e comunicativa.
  • Pero se me teño que deixar polos sentimentos quizas o día máis emotivo foi o día de "Mesa experiencias", en que todos aqueles que estiveron e estan involucrados durante estes 10 anos nos clubs de Forum, achegamos nosa reflexións sobre o Club e a lectura.
Ao mesmo tempo quixese agradecer todas aquelas persoas que invitamos posto que aceptaron participar desta celebración, e en particular a Cecilia e a Habi, posto que foron as artífices do nacemento deste Club e a súa presenza significaba moito nesta "Mesa de experiencias".

Por último quixese agradecer á Concelleira Mº Xosé Bravo o seu apoio e implicación, participando nesta mesa de experiencias con nosco.

Como di o slogan destes 10 anos, viaxamos coa lectura durante todos estes anos e esperamos seguir viaxando por moitos anos máis.

 

 Entre Jazz y FloresPerozo y Pedro Ramos

Posteado por: Mery en Xeral, Actividades do club 28-10-2008

Onte iniciamos a celebración dos 10 anos do Club de Lectura cun magnifico concerto de Jazz. Os rapaces da Escola Municipal de Jazz estiveron soberbios e deleitáronnos co seu musica a todos aos alí asistentes, sobre todo cunha magnífica vocalista que serviu para dar paso á presentación do libro de Gloria Moran, “Disfruta pintando flores con pintura acrílica“.
Gloria ensínonos o doado que resulta seguindo o seu libro, pintar todo tipos de flores e composicións florais.
O libro é moi didáctico notase que Gloria é profesora, e isto reflictese no seu libro, onde nos explica como pintar todo tipo de flores seguindo as súas explicacións e utilizando os pinceis e combinación de pinturas adecuadas para logralo.

Posteado por: Mery en Xeral 29-05-2008

 

 

Onte, os Clubs de Lectura e o Obradoiro de Escritura das Bibliotecas Municipais da Coruña, tivemos o pracer de charlar e cambiar impresións con Luís Rei Núñez, sobre o seu libro "O Señor Lugrís e a negra sombra".
O autor, ademais de contestar a todas as nosas preguntas e curiosidades, posto que o personaxe de Lugrís, (tan próximo e ao mesmo tempo enigmático, así requiríao), descubrimos non só o escritor se non ao historiador, pois Luís Rei Núñez nos demostrou ser un grande coñecedor da historia da Coruña.

Posteado por: Mery en Xeral, Actividades do club 22-05-2008

O mércores 28 de maio ás 18:30, os clubs das Bibliotecas Municipais da Coruña, reunirémonos na Biblioteca de Estudios Locais para atoparnos co escritor, Luís Rei Núñez, autor de " O Señor Lugrís e a negra sombra", libro lido nos nosos clubes e comentado neste blog.

¡ Esperámosvos a todos alí !

Posteado por: Mery en Xeral 31-01-2008

Se desexas formar parte do noso Club de Lectura da mañan, ¡ Apuntate na biblioteca do Forum Metropolitano! 

C/ Río Monelos s/n
Tel: 981184298
bibliotecaforum@coruna.es