Posteado por: Julio Pesquero en Xeral 04-02-2008

Concurso fotografíaAs Bibliotecas Municipais da Coruña convocan a 2ª edición do concurso de fotografía dixital "Amósanos o que les". Para coñecer as bases e poder envia-las fotos debéis visita-la  web del concurso. Asi que, xa sabedes, se estades lendo un libro, e seguro que sí, podédes participar neste concurso abierto. Este ano ademáis prometen ao gañaador unha cámara reflex dixital e dous mp3 aos dous finalistas. Merece a pena intentalo, plasmade o  voso libro e enviadelo.

A foto deste post corresponde a Ata caer rendida de Estela Barbeito a gañadora da edición pasada.

Posteado por: Julio Pesquero en Escritores, Actividades do club 30-04-2007

Teresa MoureAs Bibliotecas Municipais da Coruña organizan un encontro coa escritora Teresa Moure o día 4 de maio ás sete e media da tarde que terá lugar na Biblioteca Municipal Monte Alto e ao que asistirán os clubes de lectura das distintas bibliotecas do sistema. No mesmo acto presentarase o novo club virtual de lectura, cuxo periodo de inscripción comeza ese mesmo día. A escritora falaranos da súa obra e responderá ás preguntas e reflexións que lle fagamos chegar. Desde os comentarios deste blog podes suscitar as cuestións que consideres interesantes para ese día.