Posteado por: Ivan en Xeral 17-04-2008

Santiago DC - 16:30 h.

Co xantar ainda na gorxa e despois de despedidas italianas interminables (Como te envexo), póñome as alas de Hermes para achegarme á nova biblioteca compostelana “Ánxel Casal” na que vou visitar a  BDteca que esta chamada a ser o referente comiquil a nivel galego e nacional. A excusa de ir a Santiago é dobre, posto que ademáis de ver a Bdteca, dende hai uns meses as Bibliotecas Municipais estamos a participar na  “Mesa pola Banda Deseñada” convocada pola Xunta. Nela pretendemos sentar as bases da importancia dos cómics no noso sector. Pero aínda estou aquí, corre corre que non chegas.

Exposición BD

Biblioteca Pública Santiago Ánxel Casal – 17:00

Co xantar aínda na gorxa, a lingua de fora e o corazón saíndome do peito chego a enorme biblioteca sitúada no principio da rúa Xoan XIII. De repente alzanse ante min tres prantas que farían (de feito o fixeron) as delicias de calquer afeccioado á lectura. A miña paixón, e parte do meu traballo, me leva ao apartado de cómics que tanto a nivel de volumes (uns 3000) como de espacio, é todo privilexiado dentro da biblioteca. Notase que o director desta, Daniel Buján, é un gran amante e coleccionista de cómis (moitas das cousas que alí atopas son imposible de conseguir). A biblioteca conta tamén con varios expositores e asentos nos que sentarte aconsultar calquer obra, ou facer os teus pinitos no mundo da historieta. Todo isto cunha exposición sobre a Banda Deseñada (feita pola xente de culturagalega.org) cun apartado especial sobre á BD galega, como telón de fondo. Visitada a biblioteca quedanos a reunión, temos que tratar varios temas de interese para levar ao Saló de Cómics de Barcelona

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal – 19:00

A memoria das arboresCo xantar ben asentado, descansado (só fisicamente) e despedíndome dos meus compañeiros, algo chama a miña atención na sala de exposicións. Trátase de “O álbum galego: 25 miradas para unha década (1997-2007)” unha exposición que podedes visitar ata o día 11 de Maio, que consta de 25 ilustracións orixinais enmarcadas en paneis independentes acompañadas por un exemplar de cada libro para o que foron creadas. "Puag, que noxo", de Fina Casalderrey e Xan López; "O coelliño branco", de Xosé Ballesteros e Óscar Villán; "A memoria das árbores", de Xosé A. Neira Cruz e Kiko Dasilva; "Paxaros de papel", de Marilar Aleixandre e Lázaro Enríquez; "Bolboretas", de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas; "Chocolata", de Marisa Núñez e Helga Bansch, e "Tres desexos", de Eva Mejuto e Gabriel Pacheco… son só algúns dos títulos que te podes encontrar nesta mostra, coordinada por Helena Torres, que chegou a Santiago logo de exhibirse en Pontevedra na última edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. A partires do día 11 de Maio partirá para Lisboa, para o Congreso do IBBY, en Copenhague, e, xa para o 2009, para Múnic e maila Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña.
 
Dez anos de ilustración galega 
 
Sen dúbida é unha maneira interesante de achegarse aos novos (ou non tanto) ilustradores galegos que xurdiron na última década. Ademáis de poder comparar as ilustracións, collages e reproduccións orixinais que moitas veces non teñen nada que ver co resultado final.

Ti, que amas a lectura, non o podes perder. 

Posteado por: Ivan en Xeral 22-01-2008

Imos tentar sacar a vosa alma de nenos propoñendovos un xogo. Trátase dun “meme”, eu tampouco sabía o que era, pero parece ser que son moi recurrentes na rede, sobre todo nos blogs.

Os memes son unha especie de conversacións entre usuarios (a maioria a través de xogos) que se van contaxiando duns blogs a outros (como é neste caso). Eu descubrín este, lendo o blog da miña amiga Sonia, e a verdade é que me pareceu moi interesante para tódolos que ledes e participades nos blogs dos clubes de lectura das Bibliotecas Municipais de A Coruña.

O xogo orixinal plantexa unha serie de preguntas persoais que teñen que ser contestadas con películas, pero centrándonos no tema que nos ocupa faremos un cambio. Para rizar o rizo temos que contestar a estas preguntas cos títulos das obras literarias que mellor nos definan. Sería interesante que contestarades a todas e tede en conta que no só teñen que ser libros, poden ser relatos, poesías, contos…

Ademáis podedes utilizar este xogo, para reler ou ler por primeira vez esas obras que deixachedes afastadas durante todo este tempo. Aproveitade o noso catálogo para facer realidade este novo propósito para o 2008 e descubride novas lecturas para este ano.

Aquí van as preguntas, e as miñas respostas:

  1. ¿Eres hombre o mujer?: “Drácula”
  2. Descríbete: “Dr. Jeckyl y Mr. Hyde”, “El lobo estepario”, “Mujeres”, “El Quijote”, “Rebeldes”
  3. ¿Qué sienten las personas acerca de ti?: “El curioso incidente del perro a medianoche”, “Seis cordas e un corazón”, “Venres ou a vida salvaxe”, “El paciente inglés”
  4. ¿Cómo describirías tu anterior relación sentimental?: “Cumbres borrascosas”, “Crimen y castigo”, “El médico”, “Amor dos quince anos Marilyn”, “La voz a ti debida”
  5. Describe tu actual relación con tu novio o “pretendiente”: “Cien años de soledad”, “La invención de Morel”, 
  6. ¿Dónde quisieras estar ahora?: “El tercer ojo”, “Siete años en el Tibet”, “Neverwhere”, “El faro del fin del mundo”
  7. ¿Cómo eres respecto al amor?: “La guerra de los mundos”, “El gigante egoista”, “Kamasutra”, “Memorias de un amante sarnoso”, “Sexus”
  8. ¿Cómo es tu vida?: “Patas arriba: La escuela del mundo al revés”, “1984”, “La melancólica muerte de chico Ostra”
  9. ¿Qué pedirías si tuvieras un sólo deseo?: “Y decirte alguna estupidez, por ejemplo, te quiero”
  10. Escribe una cita o frase sabia: “La rebelión de las masas”, “Más allá del bien y del mal”.
  11. Ahora despídete: “De la tierra a la Luna”

A pensar!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! 

Posteado por: Ivan en Novas 10-08-2007
Argonath
 
Cando era máis novo, recordo que o término friki era atribuído, de maneira pexorativa, a todas aquelas persoas que destacaban, dunha maneira ou doutra, dentro da sociedade na que vivimos. Persoas intelixentes, pouco influenciables (dentro dos cánones establecidos), con afeccións singulares e con tendencia a formar grupos pechados que precisamente por saírse da norma eran tildados de monstros como se, en realidade, se tratasen dos verdadeiros “Freaks” que Tod Browning retratou con toda a súa crueza e realismo.
 
Hoxe en día ese sentido pexorativo deu paso a un movemento “cool” (é o que teñen as modas) que tenta meter no mesmo saco a tódalas persoas que senten paixón por algo en particular (aínda que esa paixón estea supeditada polos medios de comunicación) convertendo, desta maneira, o frikismo en masa. E indo máis aló, establecendo castas de Frikis (“te puedo demostrar que soy más friki que tú”).
 
Sen dúbida o Frikismo chegou ao seu punto álxido, cando un director de peliculas gore chamado Peter Jackson levou o mundo creado polo señor Tolkien a gran pantalla. A pesares de pólemicas varias, este filme de proporcións astronómicas, fixo que tódolos frikis do libro foramos ao cine, e que algúns frikis do filme leran o libro, creando desta maneira un vínculo, un círculo vicioso de que non poderíamos saír xamáis.
 
O anelA busca eterna do anel, a esperanza de poder ser cada un dos personaxes de Tolkien, de sentir o que eles sinten, de amar o que eles aman, de salva a Terra Media ou destruíla para sempre, de morrer polos nosos ideais; de saborear cada palabra, cada ilustración, cada imaxe; de pasear por Hobbitton, de beber cervexa na pousada do Poni Pisador, de participar no concilio de Elrond, de destruir a torre de Orthanc ou morrer en Barad-dùr… Quen non soñou con ser Aragon, Arwen, Galadriel, Gandalf….? Quen non desexou portar a espada que foi crebada? Quen non soñou con derrotar ao innombrable, ao dos mil nomes, Sauron?
 
Non sei se algún de vós conseguirá algunha vez vivir a Terra Media desta maneira, pero sí que vos aseguro que podedes estar máis preto dela se visitades a exposición.
 
Alí atoparedes vestidos (Arwen, Galadriel, Saruman…), armas (espadas, escudos, arcos… das diferentes razas da Terra Media), próteses (pés, caras, orellas…así como un video onde se ve a creación do personaxe Lurtz), armaduras (Élficas, Gondor, Sauron…), maquetas (Hobbiton, Orthanc, Barad-dur…), Monstros (Troll das cavernas, Lurtz,…), ilustracións orixinais (Alan Lee, John Howe…), etc. Todo recreado cunha sutileza e un detallismo desmesuradamente realista (só hai que ver a estatua de Boromir despois da súa caída en Parth Galen) que fara delicias de fans e extraños.
 
Boromir depués de la caida de Parth Galen
 
Aínda que tamén os achegaredes ao mundo de Tolkien pasando por algunha das nosas bibliotecas, onde poderedes atopar tanto a obra orixinal de Tolkien como a adaptación ao cine de Peter Jackson. Para iso, só tedes que traspasar o río Anduin presidido polos omnipresentes Argonath (Isildur e Ánarion) e deixar voar a vosa exposición, digo imaxinación.
 
Datos sobre a exposición El señor de los anillos