Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores, Novas 06-05-2008

A Biblioteca de Estudos Locais, como cada ano, elaborou co gallo do Día das Letras Galegas unha guía bibliográfica sobre a figura do homenaxeado este ano Xosé María Álvarez Blázquez (pdf), na que podemos atopar recursos e información dispoñibles no fondo local da biblioteca.

Xose Maria Alvarez Blazquez 

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, Novas 28-04-2008

O pasado sábado tivo lugar a entrega dos Premios AELG 2007 os gañadores foron Agustín Fernández Paz e Justo Beramendi, nas categorías de Libro infanto-xuvenil e Ensaio, respectivamente. 

A obra premiada de Fernández Paz  O único que queda é o amor, xa recibira o premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007, e a obra de Beramendi, na categoría de Ensaio, De provincia a nación. Historia do galeguismo político, tamen recibira hai dúas semanas o Premio á Obra Editorial do ano 2007, concedida pola Federación de Libreiros de Galicia.

Tamén foron premiados polos asociados da AELG Xosé Luís Méndez Ferrín (Mellor traxectoria xornalística), Iolanda Vilarchao (Tradución), Miguel Anxo Murado (Narrativa), Marica Campo (Poesía) e Millán Picouto (Teatro).

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña, invitámosvos a desfrutar dalguna obra dos premiados e especialmente de:

O único que queda é o amor

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

De provincia a nacion

De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII até a actualidade. O tratamento do provincialismo, do rexurdimento e do rexionalismo do século XIX, e máis aínda do nacionalismo galego do século XX, faise cunha profundidade sen precedentes. Para a análise acaída das diferentes dimensións –a ideolóxica, a social, a organizativa, a electoral– e das súas interrelacións, o autor incorpora conceptos e modelos analíticos propios que implican unha notable innovación metodolóxica no eido do estudo do nacionalismo. As maiores novidades neste sentido son a reconstrución das estruturas das ideoloxías, a caracterización das bases sociais e a técnica aplicada para desvelar e cuantificar a fraude electoral na Segunda República. Ademais, en paralelo coa historia central, vai trazando a da cuestión nacional en España, o que permite ter en conta a incidencia de factores extragalegos e comparar o galeguismo político cos seus análogos doutros territorios do Estado español. Isto unido á consideración da natureza e dos problemas maiores da sociedade galega de cada época, dá as claves para unha explicación convincente das causas do nacemento, persistencia, posibilidades e limitacións do nacionalismo galego. Xa que logo, este libro é unha contribución decisiva para coñecer e entender, por que Galicia ten hoxe unha personalidade política irreversiblemente diferenciada.

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, Novas 15-04-2008

Xa foron nomeados os finalistas do prestixioso Premio Arcebispo Juan de San Clemente, na que este ano será a sua XIV edición. O gañadores en potencia son:

Mentres a herba medra  Así nacen as baleas Cardume

En castelan:

La muerte lenta de Luciana B   Crematorio  Hoy Jupiter

Novela extranxeira:

  • Terrorista / John Updike; traducción Lara Domínguez Araújo. — Vigo : Xerais, D.L. 2007
  • Zapatos italianos / Henning Mankell. — Barcelona : Tusquets, D.L. 2007
  • Arthur e George / Julian Barnes ; tradución do inglés de Xesús Fraga. — Cangas do Morrazo : Rinoceronte, D.L. 2006
Terrorista  Zapatos italianos  Arthur y George
Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 08-04-2008

Aficionados, hainos a todolos temas e curiosidades, para mostra, esta casa-libro, ou esta libro-casa, integramente en madeira:

  

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas, A biblioteca recomenda 25-03-2008

Na Biblioteca do Forum Metropolitano temos a vosa disposición una mostra bibliográfica adicada a poesía, co gallo do Día Mundial da Poesía.

Dia mundial da poesia, mostra no Forum Metropolitano

 

Podedes descargar a Guía de lectura (pdf) e ir facendo boca das nosas propostas.

Un mundo de poesia

 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 12-03-2008

Hai libros que desfrutamos, non so polo seu contido, senon por como nos contan a historia, unha clase destes libros son os libros troquelados que liamos e cos que xogábamos de rapaces. Agora podemos desfrutar da arte de deseñar e crear este tipo de obras, da man do artista Robert Sabuda.

No seguinte video, podemos ver en acción a Sabuda cos únicos libros que se fan todavía a man, e se ensamblan e terminan en Tailandia e China.


Na web de Robert Sabuda atopamos exemplos para aprender a troquelar, ¿anímaste?

[Via El Bibliómano]

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 10-01-2008

Que un libro e un obxeto querido por moitos, non só polo seu contido, senon polo obxeto en si mesmo, non é nada novo, e sobre iso hai abundante literatura ao respecto, incluso temos exemplos de libros como obxetos decorativos … (non comentaremos mais este aspecto…).

Unhadas últimas correntes no mundo da Arte é empregar os libros en instalacións artísticas, ben como parte de estas ou como elemento principal, un bo exemplo o temos nas obra de Georgia Russell, Abelardo Morell, Cara Borer, Robert The, Takeshi Ishiguro o Olafur Eliasson…

 

 

 

Olafur Eliasson 

¿Son ou non son auténticas xoias da arte? 

Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores 19-12-2007

Miguel DelibesEl País Semanal entrevista a semana pasada ao novelista Miguel Delibes, na que o escritor percorre as pasaxes da sua vida e conta detalles da súa obra narrativa, da soledad, de Deus, e do amor, cun tono que soa a despedida.

Delibes,  é autor de estupendos relatos e novelas de obrigada lectura para aqueles que desfrutan da boa literatura, una valía que lle foi recoñecida en infinadade ocasións e con varios premios:

 Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña atopades gran parte da obra deste escritor.

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas 12-12-2007

A Biblioteca Nacional de Francia decidiu sacar a luz pública a súa colección de libros eróticos e pornograficos que dende hai anos reposaban no seu particular Inferno nunha colección Eros en segredo para maiores de 16 anos.

Eros en secreto 

 

Dende 1844, a BNF ten in inferno (enfer), no que se acumulan todos os libros-ilustrados ou non- que poideran facernos "pecar", "condenarnos", máis de 1.700 publicaciones:

La exposición recrea de manera sutil la idea de una biblioteca en llamas o de un infierno literario. Los personajes míticos, las ediciones clandestinas y, por fin, los autores que se quietan el antifaz se suceden en un recorrido que también se interesa por ciertos fenómenos de moda: la pasión por la antigüedad clásica, la confusión de géneros o el entusiasmo por la flagelación o la zurra.

Unas pantallas nos permiten ver adaptaciones cinematográficas de grandes clásicos del erotismo, ya sea La religieuse, de Diderot, o Histoire d’O, de Pauline Réage. Unos discretos altavoces nos permiten escuchar fragmentos de obras de referencia.

[Via El País]

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 27-11-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de: