Posteado por: Berta en Xeral, Actividades do club, A biblioteca recomenda 24-11-2009

O escritor e guionista de cine e televisión vigués dará unha charla na Biblioteca Municipal Forum. No contexto do noso programa para os clubs de lectura (presenciais e virtuais) o escritor Domingo Villar (Vigo 1971), autor de obras como ou celebrará un encontro aberto cos membros dos clubs de lectura ao que pode asistir calquera persoa interesada.

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano
Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Teléf.: 981 184 298 - Fax: 981 184 295 - bforum@coruna.es

Posteado por: Berta en Xeral, Obras, Novas 05-11-2009
Software libre, copyleft e reintegracionismo. Estas son as bases coas que nace en Compostela Edizer Livros. A nova editora inicia a súa andaina coa obra O Dianho e Tom Walker, de Washington Irving, que abre a colección Mincha e que se distribuirá en centros sociais e mediante a tenda virtual GZFriki.com cun prezo de venda de 2,50 euros.Segundo explican os responsables do proxecto, pretenden continuar esta serie de libros de peto (110x75mm e preto de 50 páxinas) publicando O corvo de Edgar Allan Poe. De cara ao futuro non descartan desenvolver obras nun formato maior.
Posteado por: Berta en Xeral, Escritores, Novas 26-10-2009

A escritora Anisia Miranda faleceu o pasado xoves na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Miranda era a vicepresidenta da Fundación Neira Vilas, a fundación dedicada á figura do seu home, Xosé Neira Vilas. A autora, que era filla de emigrantes ourensáns, naceu en Cuba, na vila de Ciego de Ávila. En 1953 trasladouse a Bos Aires, onde participou en numerosos proxectos de difusión cultural en colaboración con moitos persoeiros da emigración. En colaboración con Neira Vilas, Miranda fundou no ano 1957 en cuba o proxecto editorial Follas Novas, para a distribución do libro en galego en América. Na produción literaria de Miranda sobranceu a escrita infantil, para a que escribiu libros como Pardela amiga,A primeira aventura e Mitos e lendas da vella Grecia.

Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar varias obras da escritora:

  •  Cantarolas
  •  Mitos e lendas da vella Grecia 
  • A cama, a bolboreta e o paxariño
  • A casa dos títeres
  • Cantarolas e contos prá xente miuda 
  • A primeira aventura 
  • A volta do Compay Grilo 
  •  
Posteado por: Berta en Xeral, Escritores, Novas 21-10-2009
O escritor madrileño Alfredo Gómez Cerdá alzouse co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra "Barro de Medellín". Dotado con 20.000 euros, este premio distingue ó mellor libro de literatura infantil ou xuvenil publicado ó longo de 2008 en calquera das linguas oficiais que falan en España. O director xeral do Libro, Rogelio Blanco, presidiu o xurado, integrado tamén, entre outros, por Mónica Fernández, José María Merino, Xavier Carro, Marta Vilagut, Noemí Villamuza e os dous últimos autores galardoados, Jordi Sierra i Fabra e Agustín Fernández Paz.
Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar entre outras as seguintes obras:

  • A través del cristal empañado
  • Apareció en mi ventana 
  • Amalia, Amelia y Emilia 
  • El huevo del ornitorrinco
  • Barro de Medellín 
  • Tras la pista del abuelo
  • Oso tramposo 
  • El monstruo y la bibliotecaria 
  • Palabra de nadie 
  • Andrea y el cuarto Rey Mago
 

Posteado por: Berta en Xeral, Novas 06-10-2009
O falecemento do empresario alemán Reinhard Mohn (1921-2009), fundador do Club Círculo de Lectores en España, o pasado sábado na súa cidade natal de Gütersloh, supón o adeus a un home que marcou unha época no mundo da comunicación grazas a un importante grupo que hoxe controla dende unha canle de televisión ata varias editoriais en distintos países.
Mohn, fundador do grupo empresarial Fundación Bertelsmann, obtivo importantes recoñecementos ao longo da súa vida entre os que destaca o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 1998.
Todas estas distincións viñeron tras demostrar que foi un home que fixo o seu imperio pouco a pouco, convertindo a pequena editorial familiar Bertelsmann nun gran grupo de medios de comunicación global. Tras ser prisioneiro de guerra e iniciar unha formación profesional de libreiro, en 1947 asumiu a dirección da imprenta e editorial, a cal expandiu máis aló do mero negocio de edición e de distribución.
En concreto, en España, Mohn creou o Club Círculo de Lectores e a imprenta Printer en 1962. A partir de aí, desenvolveu unha exitosa actividade empresarial que hoxe inclúe a editorial Random House Mondadori (Plaza & Janés, Grijalbo, Debate) e a editora de revistas GyJ, con cabeceiras como Muy Interesante, Ser Padres ou Cosmopolitan e Marie Claire.
 
Posteado por: Berta en Xeral, Obras

 Edicións Xerais de Galicia cumpriu o pasado luns, día 5 de outubro, o 30 aniversario da súa fundación en Vigo, tres décadas nas que a editora publicou 3.200 títulos e vendeu máis de 10 millóns de exemplares.
Xusto cando se cumpren tres décadas do seu nacemento, Xerais abre unha nova etapa coa publicación de dous ebooks entre novembro e decembro deste ano. Aínda que xa hai anos que as editoriais galegas tiran produtos dixitais, estes editaranse en formato ePub para os novos lectores de tinta electrónica. “Serán os primeiros libros en galego que saian ao mesmo tempo en papel e en edición electrónica”, explicou Manuel Bragado.

O lanzamento producirase antes do Nadal, no que se agarda que despunten no Estado os novos soportes lectores de ebooks. Manuel Bragado considera que a publicación simultánea en papel e dixital é síntoma da “estrita normalización: o contido por riba dos soportes”. O obxectivo é que sexa o usuario o que escolla por que medio quere acceder ao texto “segundo as súas preferencias”.

Nas Bibliotecas Municipais podes encontrar as novidades da editorial: 

Madeira de Zapatero : retrato dun Presidente / Suso de Toro

Ao pé do abismo / Rosa Aneiros

Reexistencia : a obra de Manuel Rivas / Isabel Castro Vázquez    

Vidas post-it / Iolanda Zúñiga

Sol de inverno / Rosa Aneiros

Posteado por: Berta en Xeral, Escritores, Novas 01-10-2009
    O poeta e escritor José Antonio Muñoz Rojas finou antonte na localidade  malegueña de Antequera ós poucos días de cumprir os cen anos. Formou parte do grupo de poetas da Xeración do 36 e foi Premio Nacional de Poesía 1998 e Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana 2002.
Este mismo ano, con motivo da celebración do seu nacemento, a Xunta de Andalucía declarouno Autor do Ano, xunto con Antonio Machado. Coincidindo con este feito organizáronse varios actos que culminarán nun congreso internacional no que se debatirá a aportación do poeta á literatura española. A apertura do congreso estaba prevista para o próximo 8 de outubro, vísperas do cumpreanos do autor.

Posteado por: Berta en Xeral, Novas 16-09-2009

Marilar Aleixandre        Marilar Aleixandre recibirá unha homenaxe o vindeiro 30 de setembro, Día Internacional da Tradución, pola súa traxectoria e significación para a cultura galega así como a súa "integración na vangarda intelectual do mundo contemporáneo.

Así o asegurou onte o director xeral de Promoción e Difusión Cultural, Francisco López, logo de reunirse cos representantes da Escola de Tradución da Universidade de Vigo, da Asociación Galega de Tradutores e da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación
A traxetoria desta premiada narradora -recibiu, entre outros, o Esquío, o Xerais ou o Álvaro Cunqueiro- no eido da tradución non é, con todo, demasiado longa.
Ten traducido do inglés ao galego títulos como Muller ceiba de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán de Lewis Carroll, Harry Potter e a pedra filosofal de J. K. Rowling ou o libro infantil Babaiaga de Le Thanh e Tai Marc.

Aleixandre, nada en Madrid aínda que residente en Galicia dende 1973, foi recoñecida co galardón da Crítica á creación literaria en galego en 1995. Ademais, boa parte da súa obra narrativa foi traducida a todas as linguas peninsulares.

Nas Bibliotecas Municipais ofrecémosche entre outros os seguintes títulos:

- O rescate de Peneireiro / Marilar Aleixandre.—Vigo  : Xerais, 1995.

- La expedición del pafícico / Marilar Aleixandre.— Madrid : Anaya, 1996.

- Paxaros de papel / Marilar Aleixandre .— Vigo : Xerais, 2001.

- Mudanzas / Marilar Aleixandre. — Santiago de Compostela : PEN Clube, 2007.

- A Vaca de Fisterra e trabe de alcatrán.— Zaragoza : Edelvives, 2003.

- Calle carbón / Marilar Aleixandre. — Madrid : SM, 2006.

Posteado por: Berta en Novas 10-09-2009
El símbolo perdido
 O novo libro de Dan Brow " El símbolo perdido" fai historia e xa conta con decena de miles de reserva antes de que saia ó mercado o vindeiro martes 15 se setembro.
A Continuación das aventuras do Robert Lagdon, o protagonista de "O código Da Vinci" estáse a converter no libro para adultos máis vendido de Amazon antes da súa publicación.
Deste xeito a editorial Random House indicaron que o grupo preparou 5 millóns de copias para a primeira edición tan só para Norteamérica.

Fonte: La Opinión 

Posteado por: Berta en Xeral 08-09-2009

Luz Pozo GarzaO pasado venres fíxose público o fallo e a A Asociación Cultura Val de Láncara que anunciaba que  Luz Pozo Garza é a gañadora do VIII Premio Ramón Piñeiro Facer País.

O compromiso da poeta coa lingua galega, a repercusión do conxunto da súa obra levou ao  xurado formado por representantes de diferentes asociacións culturais da comarca de Sarria e o Val do Neira, o concello de Láncara, o Club Unesco-Sarria, e o C.P.I. Ramón Piñeiro a concellerse o galardón a escritora de Ribadeo entre máis de 35 candidaturas.
                                                                       
Luz Pozo iniciou a súa obra poética en castelán, pero paulatinamente foi tomando opción clara a favor do galego.
Na nosa lingua publicara xa en 1952 O paxaro na boca. En 1976 saíu Verbas derradeiras, que afortunadamente non foron, pois seguiron Concerto de outono en 1981 e Códice Calixtino en 1986.