Morre ós 77 Anisia Miranda , esposa de Neira Vilas
A escritora Anisia Miranda faleceu o pasado xoves na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Miranda era a vicepresidenta da Fundación Neira Vilas, a fundación dedicada á figura do seu home, Xosé Neira Vilas. A autora, que era filla de emigrantes ourensáns, naceu en Cuba, na vila de Ciego de Ávila. En 1953 trasladouse a Bos Aires, onde participou en numerosos proxectos de difusión cultural en colaboración con moitos persoeiros da emigración.
En colaboración con Neira Vilas, Miranda fundou no ano 1957 en cuba o proxecto editorial Follas Novas, para a distribución do libro en galego en América. Na produción literaria de Miranda sobranceu a escrita infantil, para a que escribiu libros como Pardela amiga,A primeira aventura e Mitos e lendas da vella Grecia.
Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar varias obras da escritora:
- Cantarolas
- Mitos e lendas da vella Grecia
- A cama, a bolboreta e o paxariño
- A casa dos títeres
- Cantarolas e contos prá xente miuda
- A primeira aventura
- A volta do Compay Grilo

