Gómez Cerdá, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
O escritor madrileño Alfredo Gómez Cerdá alzouse co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra "Barro de Medellín". Dotado con 20.000 euros, este premio distingue ó mellor libro de literatura infantil ou xuvenil publicado ó longo de 2008 en calquera das linguas oficiais que falan en España. O director xeral do Libro, Rogelio Blanco, presidiu o xurado, integrado tamén, entre outros, por Mónica Fernández, José María Merino, Xavier Carro, Marta Vilagut, Noemí Villamuza e os dous últimos autores galardoados, Jordi Sierra i Fabra e Agustín Fernández Paz.Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar entre outras as seguintes obras:
- A través del cristal empañado
- Apareció en mi ventana
- Amalia, Amelia y Emilia
- El huevo del ornitorrinco
- Barro de Medellín
- Tras la pista del abuelo
- Oso tramposo
- El monstruo y la bibliotecaria
- Palabra de nadie
- Andrea y el cuarto Rey Mago

