Ángeles Caso Premio Planeta 2009
Ángeles Caso gañou onte coa novela Contra el viento o Premio Planeta 2009, dotado con 601.000 euros. Nela narra a historia dunha moza de Cabo Verde que, tras anos de infortunio no seu país, decide emigrar a Europa. Pero as cousas non melloran. A vida, e os homes da súa vida, maltrátana. "é unha novela na que rendo homenaxe ás heroínas do século XXI, nese caso ás mulleres caboverdianas inmigrantes que veñen ás nosas casas a axudarnos, a coidar aos nosos fillos e de nós para que as mulleres podamos seguir coas nosas vidas", explicou a escritora, que engadiu que se trata de "unha novela coral, onde interveñen moitísimas mulleres e ten final feliz".
Traballou en institucións culturais como a Fundación Príncipe de Asturias ou o Instituto Feijoo de Estudios del siglo XVIII da Universidad de Oviedo e en diferentes medios de comunicación como Televisión Española, Cadea SER, Radio Nacional de España e varios xornais e revistas.
En 2000 gañou o Premio Fernando Lara de novela con Un largo silencio. En 1994 foi finalista do Premio Planeta con El peso de las sombras.
Alterna a narrativa con ensaios históricos nos que presta especial atención á Idade Moderna e a visión da muller ao longo da Historia. Tamén é autora do guión da película Deseo (2002) de Gerardo Beira.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña poedes ler as seguintes obras da premiada:
- El peso de las sombras
- Elisabeth de Austria-Hungría : álbum privado
- El verano de Lucky
- Un largo silencio
- El mundo visto desde el cielo
- Elisabeth, emperatriz de Austria-Hungría o el hada maldita
- El resto de la vida
- Las olvidadas : una historia de mujeres creadoras
- 5 x 2 = 9 : diez miradas contra la violencia de género / VVAA


Novela atrevida,justa en la prosa.Me ha encantado.
Comment por isabel rubio — 27-10-2009 @ 10:16 am