Edicións Xerais de Galicia cumpriu o pasado luns, día 5 de outubro, o 30 aniversario da súa fundación en Vigo, tres décadas nas que a editora publicou 3.200 títulos e vendeu máis de 10 millóns de exemplares.
Xusto cando se cumpren tres décadas do seu nacemento, Xerais abre unha nova etapa coa publicación de dous ebooks entre novembro e decembro deste ano. Aínda que xa hai anos que as editoriais galegas tiran produtos dixitais, estes editaranse en formato ePub para os novos lectores de tinta electrónica. “Serán os primeiros libros en galego que saian ao mesmo tempo en papel e en edición electrónica”, explicou Manuel Bragado.

O lanzamento producirase antes do Nadal, no que se agarda que despunten no Estado os novos soportes lectores de ebooks. Manuel Bragado considera que a publicación simultánea en papel e dixital é síntoma da “estrita normalización: o contido por riba dos soportes”. O obxectivo é que sexa o usuario o que escolla por que medio quere acceder ao texto “segundo as súas preferencias”.

Nas Bibliotecas Municipais podes encontrar as novidades da editorial: 

Madeira de Zapatero : retrato dun Presidente / Suso de Toro

Ao pé do abismo / Rosa Aneiros

Reexistencia : a obra de Manuel Rivas / Isabel Castro Vázquez    

Vidas post-it / Iolanda Zúñiga

Sol de inverno / Rosa Aneiros