Cúmprense 25 anos da morte de Truman Capote, denominado pai do "novo xornalismo" en EEUU.

Capote 

Emocionalmente inestable dende a súa infancia, o prestixioso escritor rematou por ser vítima da súa propia afección por novelar feitos e personaxes reais, un estilo que o levou ao éxito profesional pero o afundiu personalmente.

Capote morreu aos 59 anos en Los Ángeles o 25 de agosto de 1984 logo de longos episodios de abusos de drogas e depresión, un estado no que se sumiu logo de tocar o teito da súa carreira e ser repudiado pola alta sociedade neoyorquina á que tanto desexou pertencer.

Na Biblioteca do Forum facémoslle unha pequena homenaxe recopilando algunhas das súas mellores obras.

  • A sangre fría.
  • Los perros ladran : personajes públicos y lugares privados
  • Música para camaleones
  • Desayuno en Tiffany’s
  • Cuentos completos
  • Cruceiro de verán