O museo da inocencia

Onte presentouse diante dos medios de comunicación, a versión galega da nova e esperadísima novela do turco Orhan Pamuk, O museo da inocencia.

Como xa ven sendo habitual na política editorial de Galaxia, conseguiuse que a novela este a disposición dos nosos lectores e lectoras galegos moito antes que noutras linguas do mundo. De feito, a día de hoxe só pode lerse, ademais de no orixinal turco, en alemán.

Durante a presentación, Carlos Lema, director literario de Galaxia, suliñou a calidade indiscutible deste traballo literario e declarou que está chamada a ser “a novela do ano”.

Fonte: Editorial Galaxia