Onte os clubes de lectura e o taller de "Nunca é tarde", fomos facer o roteiro literario da Esmorga a Ourense, e tivemos a honra de que nos acompañase nesta visita a nosa Concelleira de Cultura, Mª Xosé Bravo. Percorremos os mesmos lugares dos protagonistas da obra (Cibrán, Bocas e Milhomes) todos eles sinalados cunhas placas con fragmentos da obra. A todos nos quedou un grato recordo da cidade da Esmorga de Branco Amor, das súas rúas, da súa magnífica catedral, das súas fontes, ata do cafeciño no Liceo Ourensan.

Tamén nos acordamo, onte, neste pasear por as ruas da "Esmorga" de moitos dos nosos compañeiros do clube, que por diversas circunstancias, non nos puideron acompañar e que por ser grandes apaixonados da lectura, gozarían e vivirían intensamente este roteiro.

Por último agradecer ao Alcalde e á Concelleira de Cultura de Ourense o grato recibimento que tivemos.

Somos noticia:La Voz de Galicia, ed. Ourense