Posteado por: Mery en Xeral, Actividades do club 22-05-2009
Roteiro da Esmorga
Despois da Lectura da Esmorga de Eduardo Blanco Amor, para festexar este ano os seus 50 anos de vida, imos facer o roteiro literario da Esmorga a Ourense. A historia e a propia fisionomía da cidade cambiaron dende que Blanco Amor a escribiu en 1959, pero segue sendo posible revivir, aínda que a distancia do tempo, a ruta dos seus personaxes, dende a Avenida de Zamora ata a Alameda, pasando pola tranquilidade das estreitas rúas do casco histórico., xa non é o Ourense da posguerra, pero ‘A Esmorga’ segue tan viva como antes.

¡Apúntate!

 Saída o martes 26 de maio as 9:30 dende o Forum Metropolitano.

 Máis información na Biblioteca do Forum.

Posteado por: Mery en Xeral, Estamos lendo, Actividades do club
La ladrona de librosNadie mejor que la muerte para narrar una historia en la Alemania nazi de la Segunda Guerra Mundial que describe las peripecias de una niña alemana de nueve años, la pequeña Liesel, desde que es dada en adopción por su madre hasta el final de la guerra. Con Su nueva familia, Hans y Rosa, gente sencilla y nada afecta al nazismo, descubrirá el poder de las palabras, cuando su padre le enseñe a leer en un libro que la niña robó en el cementerio donde fue enterrado su hermano. A partir de ese momento, Liesel irá construyendo un mundo paralelo, empleando otros libros que va robando poco a poco y las páginas que escribe para ella Max, un judío, refugiado en el sótano de la casa familiar. Con esas lecturas logrará distraerse durante los bombardeos y combatir la tristeza. Pero será el libro que ella misma está escribiendo el que finalmente le salvará la vida.
Una novela preciosa, tremendamente humana y emocionante, con un extraordinario poder de las palabras, escrita por el australiano Markus Zusak a partir de los recuerdos familiares.
Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas, A biblioteca recomenda

É un acto que combina literatura, música e memoria da man de Manuel Rivas (narrador), Marcos Meléndrez (cantante de tangos), Gastón Rodríguez (guitarra) e Pulpiño Viascón (voz, gaita e serrucho). Está prevista a participación doutros músicos convidados.

Será este sábado a partir das 20:30 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, con entrada libre e de balde.
 
Este é o texto co que se presenta a actividade:
“A boca da literatura e da canción, as palabras e a música, a poesía e os tangos, entrelazan e levedan nunha conmoción sen tregua sobre o escenario. A fonte que inspira este encontro é a novela Os libros arden mal, de Manuel Rivas, que ten por escenario a cidade da Coruña. Desta obra, co gallo da súa publicación en Francia, o xornal dixo que provoca no lector “emoción, asombro, marabilla e pracer”.
O punto de arranque desta “historia dramática da cultura” é un feito real, o da queima de libros que tivo lugar en agosto de 1936 nas proximidades da dársena coruñesa. Aquelas fogueiras tentaban queimar para sempre o corazón libertario da cidade. Porque se hai unha esencia fundacional da Coruña é o amor pola liberdade.
Fronte a esa pulsión totalitaria, que trata de controlar o poder as mentes, resiste e xermola a enerxía do desexo e a re-existencia, a que se expresa a través a través da literatura, a música e a memoria das que o historiador Ranahit Guha chamou as “voces baixas” ou silenciadas da humanidade”.
 
Posteado por: Mery en Xeral

A avoa blogueiraA avoa "blogueira" falece aos 97 anos, descansa onde sempre quixo estar:

"Non quero bágoas nin frores. Só quero a pedra de abalar dos meus amores".

Botarémoste de menos.

http://www.amis95.blogspot.com/