Asociación de Escritores en Lingua Galega entregou os premios á mellor obra publicada no 2008 nas modalidades de ensaio, literatura infantil e xuvenil, poesía, narrativa, tradución, teatro, traxectoria xornalística e blog literario, así como á institución que salientou na defensa e difusión da nosa cultura. Os premios foron entregados na celebración da Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da ELG.
Os gañadores do Premio AELG ás mellores obras publicadas no 2008 son:
Ensaio: Miguel Anxo Murado, pola súa obra Fin de século en Palestina (Galaxia)
Literatura Infantil e Xuvenil: Xabier P. DoCampo, pola súa obra O libro das viaxes imaxinarias (Edicións Xerais de Galicia)
Poesía: Xulio L. Valcárcel, pola súa obra A melancolía dos corpos (Ediciones de la Sociedad de Cultura Valle-Inclán)
Narrativa: Inma López Silva, pola súa obra Memoria de cidades sen luz (Galaxia)
Tradución: Gonzalo Navaza, pola tradución da obra As flores do mal, de Charles Baudelaire(Galaxia)
Teatro: Teresa Moure, pola súa obra Unha primavera para Aldara (Deputación Provincial de A Coruña)
Mellor traxectoria xornalística: Ana Romaní
Blog Literario: Marcos Valcárcel, polo seu blog As uvas na solaina
Institucións: Sección de Literatura do Liceo de Ourense
Escritora Galega Universal: Elena Poniatowska
Tamén se elaborou unha listaxe de obras finalistas correspondentes a cada xénero dos mencionados.
