A Asociación de Editores da Rexión Centro de Francia ven de publicar unha Declaración dos Dereitos do Libro cos seguintes artigos:

Artigo 1
Os libros, todos os libros, teñen dereito a existir.

Artigo 2
Os libros son iguais entre eles, sen distinción da súa orixe, fortuna, nacemento, opinión ou editor.

Artigo 3
Todo libro ten dereito á vida, á súa comercialización, á sorte de serlle exposto ao lector e ofrecerlle ao seu autor a posibilidade de ser escoitado e remunerado con xustiza.

Artigo 4
Todos son iguais ante a lei que os somete á igualdade de prezo en calquera lugar onde sexan expostos.

Artigo 5
Todos teñen dereito a que en todos os lugares se recoñeza a súa personalidade, a personalidade do autor e do editor.

Artigo 6
O libro, obra de imaxinación así como de investigación, diríxese á imaxinación e ás necesidades do ser humano. Así que non debe ser tratado na súa comercialización como un produto simplemente de consumo.

Artigo 7
O libro é e será garante das nosas liberdades. Non pode en ningún caso ser sometido a aversión sexa pola formulación das súas ideas como pola súa misión fundamental de promover o libre intercambio das culturas, as mentalidades e os saberes.

Artigo 8
O libro, portavoz do espírito, da ciencia, de praceres, rexistro do saber e obra de creación, debe ser tratado coma un ben indispensable para a cultura, a promoción social e espiritual, a información, e non pode ser tratado como un vulgar obxecto de proveito.

[Vía Brétemas, Trafegando Ronseis e Espazo de Lectura]

Como apunta Manolo Bragado, os dereitos lembran aos famosos dereitos do lector que fixo famosos Daniel Pennac en Cómo unha novela, obra que temos dispoñible nas Bibliotecas Municipais de Coruña para ti.

Como una novela de Daniel Pennac