Despois de toda unha semana de celebración do noso aniversario, nada menos que 10 anos, volvemos á rutina das nosas reunións nos clubs. Esta semana de celebración deixáronnos moitos e agradables encontros. Se tivese que elixir un non sabería cál escoller cada un, gustoume por diversos motivos:

  • O encontro con Perozo e Pedro Ramos ensinounos outros puntos de vista do libro, visto dende dentro, dende a súa estrutura literaria, é dicir dende a súa estada.
  • O coloquio con María Reimóndez, achégonos a visión do panorama da literatura galega na actualidade, ademais de coñecer a unha persoa do máis interesante e do máis alcanzable e comunicativa.
  • Pero se me teño que deixar polos sentimentos quizas o día máis emotivo foi o día de "Mesa experiencias", en que todos aqueles que estiveron e estan involucrados durante estes 10 anos nos clubs de Forum, achegamos nosa reflexións sobre o Club e a lectura.
Ao mesmo tempo quixese agradecer todas aquelas persoas que invitamos posto que aceptaron participar desta celebración, e en particular a Cecilia e a Habi, posto que foron as artífices do nacemento deste Club e a súa presenza significaba moito nesta "Mesa de experiencias".

Por último quixese agradecer á Concelleira Mº Xosé Bravo o seu apoio e implicación, participando nesta mesa de experiencias con nosco.

Como di o slogan destes 10 anos, viaxamos coa lectura durante todos estes anos e esperamos seguir viaxando por moitos anos máis.

 

 Entre Jazz y FloresPerozo y Pedro Ramos