Celebrando os 10 anos do noso Club de Lectura
Durante toda esta semana estamos de celebración! O noso club de lectura cumpre 10 anos en funcionamento, 10 anos compartindo lecturas, inquedanzas literarias e a paixón polos libros…
10 anos que xa pasaron e que nos infundan 10 millons de gañas para seguir lendo xuntos, 10 anos que conmemoramos nunha serie de actos que preparamos para vos e nos que estades todos invitados, tomade nota do programa, contamos convosco na nosa programación:
Luns 27:
- 19.15. Acto de apertura: Mini Concerto da Escola Municipal de Jazz.
- 20.00. Presentación do libro de Gloria Morán “Arte floral”.
Martes 28:
- 19:00. O mundo do libro visto por un editor: Xosé Antonio Perozo, escritor e antigo editor de Ir Indo, presentaranos unha nova editorial.
- 20.00. Cómo contar historias: Pedro A. Ramos, escritor e guionista.
![]()
![]()
Mércores 29:
- 19:00 Mesa de experiencias: coordinadores do Club de Lectura.
Xoves 30:
- 19:30. Coloquio coa autora do premiado libro “O Club da calceta”: María Reimóndez
Venres 31:
- 19:15. Concerto de gaitas da Escola Municipal de Música
Os actos celebraranse no Forum Metropolitano:
Rúa Río Monelos s/n. 15006 A Coruña
Teléfono: 981 184 298 Fax: 981 184 295
bforum@coruna.es
Ver mapa más grande


