O ALCALDE CÓS CCI´s; OS CCI´s CO 800
O que sementa recolle os seus froitos; xa sei que é unha frase feita, pero esta é a premisa que seguimos os CCI´s para acadar os nosos obxectivos. Obxectivos que este ano nos levaron a celebrar o 800 aniversario da cidade facendo unha investigación para saber que era o que se “cocía” aquí en diferentes épocas. Así, co lápiz na man, unhas follas e a nosa inconfundible gorra (xa somos como “Caiga Quien Caiga”) percorremos a nosa historia a través do túnel do tempo. Un túnel que nos levou a épocas tan interesantes como a “Castrexa”, tan des/coñecidas como a época na que vivía María Pita, tan belicistas como na que lle tocou vivir ao xeneral Sir John Moore (Recordade que o ano que ven se celebra o bicentenario da “Batalla de Elviña" ), e tan cercana como a Coruña que lle tocou vivir aos nosos avós cando tiñan a nosa idade. Durante todos eses meses puidemos observar o proceso e o progreso polo que a nosa antiga vila chegou a obter o status de cidade. Como foi crecendo pouco a pouco, como se gañaron algunhas guerras e se perderon moitas, como vivían as súas xentes… como a “cidade de cristal” era, e sigue sendo, un exemplo de cidade cosmopolita onde a multiculturalidade é unha forma de vida (a cidade na que ninguén é estranxeiro), é a súa forma de vida. Pero non queriamos quedarnos así, queriamos máis datos para contrastar os nosos, máis información para facer un xuizo de valor equánime, queriamos saber de primeira man que nos deparará a Coruña do futuro, que falta na nosa cidade, que nos interesa, que nos preocupa, que anhelamos, con que soñamos… e para iso único que queda por facer é conversar coa persoa que mellor coñece a nosa cidade, que ten interese en escoitar como queremos que sexa a Coruña que vivirán os nosos fillos, que nos pode amosar a Coruña do futuro… temos que conversar (ou asediar, aínda non o teño moi claro) ao Exc. Sr Alcalde da Coruña coas nosas preguntas. Pero non podemos ir a ver ao Alcalde coas mans baleiras. Por iso temos que retomar a nosa investigación onde a deixamos. Coa axuda dos nosos pais, avós, veciños… coa axuda da Coruña enteira, seremos capaces de que D. Javier Losada acepte a nosa chamada.
Sede segreda do CCI – Péntagono; 15 de Maio – 18:30 horas
“Silencio en la sala que el burro va a hablar, el primero que hable burro será. YA”. Coa seriedade e o saber estar que nos caracteriza emprendemos unha nova viaxe para coñecer a fondo a nosa cidade. A través das súas personaxes, das súas carencias, das súas virtudes, das súas anécdotas, das súas persoas… tomamos o pulso da nosa conciencia social e comezamos a realizar proposta ao aire (non para que se as leve o aire) que, escritas con tinta china no noso cerebro, mostraremos ao alcalde en forma de inquedanzas. Hai que dicir que, tralas nosas investigacións, descubrimos que a nosa cidade vai por un camiño excelente cara o futuro. Parte da travesía xa está feita pero aínda nos quedan sendeiros por percorrer, ocos que tapar, fantasías que realizar. Coas preguntas xa redactadas comeza a aventura do coñecemento de nós mesmos. Preparados estamos para forxar xunto co Alcalde unha nova Babilonia, unha Torre de Babel da tolerancia e da cooperación que será a envexa de tódalas cidades que se fan chamar modernas. Só queda esperar ao noso encontro para facerlle propostas que, centralizadas dende as nosas sedes segredas, a Biblioteca Infantil e a Biblioteca Forum (vale, agora xa non son segredas), expresan as necesidades dos coruñeses.
Praza de María Pita – Concello; 23 de Maio – 18:00 horas.
Chuvia, chuvia,chuvia e máis chuvia. Así se presentou a nosa visita, a crónica dunha morte anunciada. Tódolos CCI´s reunidos con semblantes serios, preocupación, nerviosismo, expectación ante a entrada no Concello, ton solemne ante a espera na sala do encontro, mans temblorosas, suor, ata que de supeto… aparece o alcalde. Un mutismo íncrible apoderouse da sala, ante a mirada atónita dos nenos aparecía a mirada extrañada de Losada que de maneira afable nos convidou a participar no encontro, non sen antes explicarnos en que vai a consistir e por que se celebra o 800 aniversario da nosa cidade. Sorprendeunos o feito de que soubese da existencia do noso clube, que estivese ao tanto do que estabamos a facer pola nosa cidade en particular e polo mundo en xeral, que coñecese os fundamentos da nosa organización e, sobre todo, que nos dixese que aceptara ese encontro porque quería aprender de nós. E así foi, ou polo menos o intentamos. Xa estaba o peixe vendido, non nos podiamos botar para atrás, daba comezo a rolda de preguntas e propostas. Ninguén quería comezar, ata que un agerrido CCI de Durán Loriga perguntoulle ao alcalde polos Skate Parks. O alcalde despreocupado, amable, cercano e cun toque xovial que fixo as delicias dos rapaces (algo tivo algo que ver a gorra que lle regalamos), explicou a problemática de manter un skate park no centro da cidade, propoñéndonos que se sabiamos dalgun sitio onde non molestara a ninguén, él estaría encantado de satisfacer as delicias dos amantes dos monopatíns. Así foronse sucedendo máis e máis preguntas/propostas as que o alcalde deu solución (para ben ou para mal) ou asumiu como posibles e útiles para nós. Trataronse temas como a reciclaxe, o medio ambiente, os transportes, o ocio… problemas como o racismo, a mellora da peonización, a pouca demanda cultural para os nenos… afeccións e gustos persoais, urbanismo, educación, etc. Ao rematar, mostrando unha vez máis que conta con nós, o alcalde nos deu a oportunidade de expresar calquer dúbida, suxestión ou proposta na páxina web do Concello, desde a que lle podemos remitir un e-mail. Tachandose a si mesmo de “carca” e alegando que a maior parte das veces os maiores fan cousas para os nenos sen contar con eles propuxónos tamén que lle mandasemos todas aquelas actividades que nos gustaría que tivese a nosa cidade (pero sen teorizar, ante todo concrección), xa que “o futuro da nosa cidade está en persoas como vós”. Persoas que teñan inquietudes e intereses para coa nosa cidade, persoas como os CCI´s. A ver se ao final vai ser que algún froito si que recollemos??.


