Posteado por: Mery en Xeral 29-05-2008

 

 

Onte, os Clubs de Lectura e o Obradoiro de Escritura das Bibliotecas Municipais da Coruña, tivemos o pracer de charlar e cambiar impresións con Luís Rei Núñez, sobre o seu libro "O Señor Lugrís e a negra sombra".
O autor, ademais de contestar a todas as nosas preguntas e curiosidades, posto que o personaxe de Lugrís, (tan próximo e ao mesmo tempo enigmático, así requiríao), descubrimos non só o escritor se non ao historiador, pois Luís Rei Núñez nos demostrou ser un grande coñecedor da historia da Coruña.

Posteado por: Mery en Xeral, Actividades do club 22-05-2008

O mércores 28 de maio ás 18:30, os clubs das Bibliotecas Municipais da Coruña, reunirémonos na Biblioteca de Estudios Locais para atoparnos co escritor, Luís Rei Núñez, autor de " O Señor Lugrís e a negra sombra", libro lido nos nosos clubes e comentado neste blog.

¡ Esperámosvos a todos alí !

Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores, Novas 06-05-2008

A Biblioteca de Estudos Locais, como cada ano, elaborou co gallo do Día das Letras Galegas unha guía bibliográfica sobre a figura do homenaxeado este ano Xosé María Álvarez Blázquez (pdf), na que podemos atopar recursos e información dispoñibles no fondo local da biblioteca.

Xose Maria Alvarez Blazquez