Libros prohibidos na Biblioteca do Forum Metropolitano
Ao longo da historia da escritura, existen abundantes exemplos de libros prohibidos, vetados ou censurados e moitos foron queimados pola intolerencia e o medo ao libre pensamento da sociedade.
Onte e hoxe, os libros seguen a ser amados por uns e temidos por outros. Desde a represión da Inquisición e a censura franquista no noso país, gozamos de liberdade para elixirmos lecturas, pero, aínda na época actual, temos bos exemplos de censura literaria en moitos países que demostra que as democracias lle seguen temendo á palabra escrita.
Por ese motivo na Biblioteca do Forum Metropolitano queremos render homenaxe a aquelas lecturas que foron e son vetadas e coartan a liberdade de crenza e pensamento.
A exposición recolle as obras literarias e adaptacións cinematográficas que nalgún momento da sua historia se toparon cá censura, e ti ¿atreveste a lelos?
Se non podes achegarte físicamente ata nós, temos preparada unha selección de lecturas aberta a túa participación en forma de Wiki: O wiki dos libros prohibidos, ademaís dunha guía bibliográfica sobre o tema que podedes descargar (pdf).


Está estupenda a exposición. É moi curioso descubrir a prohibición de libros que consideramos grandes obras da literatura universal e que non teñen nada insultante ou ofensivo.
Grazas
Comment por Antonio — 22-11-2007 @ 7:56 am
Grazas Antonio! o certo é que está tendo moito éxito.
E aprovecho para enviar un tiron de forellas, ¿para cando un post teu?
Comment por Catuxa — 28-11-2007 @ 6:17 pm
enhorabuena a las bibliotecas municipales.
buena la idea,buena la exposicion fisica,buena la exposicion electronica.Un saludiño
Comment por ricardo — 03-12-2007 @ 12:04 pm
“El ultimo oraculo” de Lex Madison
Es el mejor libro de ciencia ficcion y fantasia y ha sido saboteado por algunos demasiadas veces. Esta vez llega a todos por medio de bubok.es. No pierdan esta magica oportunidad de conseguir el mejor libro del siglo. Es mejor que harry potter!!!
Comment por yoAfan — 30-04-2008 @ 12:29 pm