Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, Novas 29-10-2007

A novela inedita de DumasEl caballero Hector de Sainte-Hermine, a novela inédita e inacabada de Alejandro Dumas que foi publicada hai uns anos xa está dispoñible agora no noso país, presentanda da man do biógrafo de Dumas, Claude Schop.

A obra, que foi publicada como folletin no diario Le Moniteur Universal en 1869, pasou desapercibida ata agora como parte do corpus.

El caballero Hector de Sainte-Hermine é a terceira parte dunha triloxía composta por Los compañeros de Jehu e Los blancos y los azules, que teñen a familia Sainte-Hermine como protagonista.

Nesta parte o xoven Héctor xura vengar o seu pai e irmans mortos acabando con Napoleón, pero terminará convertíndose na sombra protectora do emperador por considerarle “un mal necesario”.

A última gran novela de Alejandro Dumas, que estivo extraviada durante máis de cen anos. Un texto inacabado do que se conservan esta mil páxinas, capaces de saciar o apetito do lector máis voraz. Unha novela crave no vasto proxecto histórico do escritor.

A acción sitúase xusto antes do conde de Montecristo, co que ten numerosas afinidades. É unha novela sobre o Consulado e o Imperio, unha época culminante ao modo de ver de Dumas, cuxo pai, xeneral da Revolución, foi un desafortunado rival de Bonaparte…

O motor da acción é unha vinganza, un motivo que sempre permitiu ao novelista dar maior relevancia ás escenas de aventuras que tanto lle gustaban. Así, o seu "cabaleiro" participará en toda clase de xestas: nas persecucións de Fouché, nas epopeas napoleónicas, nun cara a cara con Nelson en plena batalla de Trafalgar, en numerosas desaventuras en Roma e en Nápoles despois; sen esquecer os encontros con Josefina, Talleyrand, Chateaubriand…

A novela xa está esperando por vos na Biblioteca do Forum Metropolitano, ¿vais a deixar que siga na sombra?

El caballero Hector de Sainte-Hermine / Alejandro Dumas ; edición, prefacio y notas de Claude Schopp ; traducción de Javier Albiñana. — Barcelona : Emecé, 2007

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas 22-10-2007

Baixo o lema Na biblioteca ESCOITA, le, mira, comparte e busca vanse desenvolver os actos de celebración do Día da biblioteca 2007 (24 de outubro). Para iso as Bibliotecas Municipais da Coruña invitan a todos os cidadáns a acudir ás distintas actuacións musicais que terán lugar nas bibliotecas da cidade de maneira completamente gratuíta.

Bibliotecas, grupos e calendario

Para ir abrindo boca aqui tedes un pequeno aperitivo de Bonovo:


Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores, Novas 11-10-2007

Doris lessingDoris Lessing, quen xa gañara o Premio Príncipe de Asturias das Letras, foi galardoada co Premio Nobel de Literatura 2007.

A escritora, que naceu en Irán (cando se chamaba Persia) en 1919, e pasou a súa infancia e mocidade en Rhodesia (agora Zimbabue) empezou a ler libros que a súa nai compráballe por catálogo. Aos 31 anos foise a Londres, co seu terceiro fillo e a súa primeira novela. Deixou atrás dous ex maridos e dous fillos.

Autora de libros como Instrucciones para un descenso al infierno, Memorias de una superviviente o La buena terrorista, é unha apasioada loitadora pola libertade, comprometida cás causas do Tercer Mundo. Militou no partido comunista británico, pero deixouno decepcionada polo estalinismo.

Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podedes atopar parte da obra desta escritora:

  • De nuevo, el amor
  • El quinto hijo
  • La buena terrorista
  • Un hombre y dos mujeres
  • Cuentos africanos
  • Dentro de mi : Primer volumen de mi autobiografía, hasta 1949
  • Risa africana
  • El sueño más dulce
  • El viento se llevará nuestras palabras : un testimonio comprometido sobre la destrucción de Afganistán
  • El cuaderno dorado
  • Mara y Dann