Teatro Galego

O 13 de Agosto de 1882 estreouse no Liceo Brigantino ‘A Fonte do Xuramento’ de Francisco María de la Iglesia, o primeiro texto teatral en galego do que temos noticia da súa estrea. A Consellería de Cultura e Deporte xunto co IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) queren celebrar estes 125 anos de existencia proxectando cara diante o presente do noso teatro.
E por iso poñen a andar unha xira na que 25 espectáculos galegos erguen os panos dos teatros, saen ás rúas, ás prazas e a espazos coma lonxas e hospitais, dándolle ao teatro galego a proxección que merece.
No Forum Metropolitano non imos quedar a marxe de toda esta festa polo que no auditorio do Forum vanse representar as seguintes obras:

  • Psicose 4.48 (Nut Teatro)
  • A viaxe de Efi (La Imagina Machina)
  • Día tras día (Mariclown)
  • Golulá (Galitoon)

Toda a información referente tanto á xira teatral como á exposición dos 125 anos de teatro en galego.

Tamén podedes consultar toda a programación cultural de setembro do Concello da Coruña.

Únete á festa do noso teatro!