Agora falaremos do seu libro: Cesamento de Francisco Umbral
Paco Umbral, xornalista, novelista, biógrafo e ensaista español, faleceu hoxe en Madrid. Deixános unha extensa producción literaria ademais dunha gran morea de artículos de opinión de ran interese crítico:
Leitor compulsivo e autodidacta de todo tipo de literatura, emprendeu a carreira de xornalista no 1958 en El Norte de Castilla promocionado nada máis que por Miguel Delibes.
No 1986 foi candidato, xunto a José Luis Sampedro ó sillón F da Real Academia Española, apadrinado por Camilo José Cela, Miguel Delibes e José María de Areilza.
De gran calidade literaria dada pola sua fecundidade creativa, a sua sensibilidade lingüística e a extrema orixinalidade do seu estilo.
Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podedes atopar gran parte da súa obra, e na Biblioteca do Forum Metropolitano, preparamos unha pequena mostra cos seguintes títulos que vos suxerimos:
- Las señoritas de Aviñón
- Mortal y rosa
- La forja de un ladrón
- Lorca poeta maldito
- Diario político y sentimental
- Las ninfas
- Leyenda del César Visionario
- Los helechos arborescentes


Na edición dixital de Elcultural.es podemos ler algunha entrevista que Umbral realizou ao longo da sua vida. Frases que non teñen desperdicio como:
La gente más tonta prefiere la novela
Comment por Antonio — 29-08-2007 @ 3:18 pm
Pode gustar ou non, pero o que é indiscutibel e que Umbral nunca nos deixa indiferentes cás suas intervencións!
Comment por Catuxa Seoane — 30-08-2007 @ 6:52 pm