Argonath
 
Cando era máis novo, recordo que o término friki era atribuído, de maneira pexorativa, a todas aquelas persoas que destacaban, dunha maneira ou doutra, dentro da sociedade na que vivimos. Persoas intelixentes, pouco influenciables (dentro dos cánones establecidos), con afeccións singulares e con tendencia a formar grupos pechados que precisamente por saírse da norma eran tildados de monstros como se, en realidade, se tratasen dos verdadeiros “Freaks” que Tod Browning retratou con toda a súa crueza e realismo.
 
Hoxe en día ese sentido pexorativo deu paso a un movemento “cool” (é o que teñen as modas) que tenta meter no mesmo saco a tódalas persoas que senten paixón por algo en particular (aínda que esa paixón estea supeditada polos medios de comunicación) convertendo, desta maneira, o frikismo en masa. E indo máis aló, establecendo castas de Frikis (“te puedo demostrar que soy más friki que tú”).
 
Sen dúbida o Frikismo chegou ao seu punto álxido, cando un director de peliculas gore chamado Peter Jackson levou o mundo creado polo señor Tolkien a gran pantalla. A pesares de pólemicas varias, este filme de proporcións astronómicas, fixo que tódolos frikis do libro foramos ao cine, e que algúns frikis do filme leran o libro, creando desta maneira un vínculo, un círculo vicioso de que non poderíamos saír xamáis.
 
O anelA busca eterna do anel, a esperanza de poder ser cada un dos personaxes de Tolkien, de sentir o que eles sinten, de amar o que eles aman, de salva a Terra Media ou destruíla para sempre, de morrer polos nosos ideais; de saborear cada palabra, cada ilustración, cada imaxe; de pasear por Hobbitton, de beber cervexa na pousada do Poni Pisador, de participar no concilio de Elrond, de destruir a torre de Orthanc ou morrer en Barad-dùr… Quen non soñou con ser Aragon, Arwen, Galadriel, Gandalf….? Quen non desexou portar a espada que foi crebada? Quen non soñou con derrotar ao innombrable, ao dos mil nomes, Sauron?
 
Non sei se algún de vós conseguirá algunha vez vivir a Terra Media desta maneira, pero sí que vos aseguro que podedes estar máis preto dela se visitades a exposición.
 
Alí atoparedes vestidos (Arwen, Galadriel, Saruman…), armas (espadas, escudos, arcos… das diferentes razas da Terra Media), próteses (pés, caras, orellas…así como un video onde se ve a creación do personaxe Lurtz), armaduras (Élficas, Gondor, Sauron…), maquetas (Hobbiton, Orthanc, Barad-dur…), Monstros (Troll das cavernas, Lurtz,…), ilustracións orixinais (Alan Lee, John Howe…), etc. Todo recreado cunha sutileza e un detallismo desmesuradamente realista (só hai que ver a estatua de Boromir despois da súa caída en Parth Galen) que fara delicias de fans e extraños.
 
Boromir depués de la caida de Parth Galen
 
Aínda que tamén os achegaredes ao mundo de Tolkien pasando por algunha das nosas bibliotecas, onde poderedes atopar tanto a obra orixinal de Tolkien como a adaptación ao cine de Peter Jackson. Para iso, só tedes que traspasar o río Anduin presidido polos omnipresentes Argonath (Isildur e Ánarion) e deixar voar a vosa exposición, digo imaxinación.
 
Datos sobre a exposición El señor de los anillos