Viaxes á carta na Biblioteca Forum MetropolitanoCoa chegada das vacacións e o tempo libre nada mellor que  desfrutar viaxando, coñecendo,comendo, bebendo e lendo. 

Para iso a Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano organizou una mostra bibliográfica repleta das mellores e mais variadas recomendacións para disfrutar este veran:

A mostra ofréceche a posibilidade de confeccionar un menú especial no que poidas viaxar polos sabores da ciencia, da natureza, do cine, dos pobos… e todo iso acompañado dos nosos mellores viños.

Viaxes á carta estará dispoñible durante todo o verán, ata o 30 de Agosto, pódedes consultala "in situ" no horario de verán de apertura da biblioteca (9 - 14 e 16 - 21), pásate por aquí para levarte en préstamo o que che pete ou que che colla no peto.

Para ir abrindo boca, podes descargarte a guía menú (en pdf) e botar unha ollada na galería monográfica sobre a mostra.

Anota:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos s/n. 15006 A Coruña - Teléf.: 981 184 298 - Fax: 981 184 295 - bforum@aytolacoruna.es