Posteado por: Catuxa Seoane en Novas 31-07-2007

Cata de librosA revista Qué leer na sua edición dixital facilitanos ós lectores a posibilidade de leer e escoitar os primeiros capítulos das últimas novidades literarias.

A sección, Cata de libros, permítenos acceder a unha versión en PDF do primeiro capítulo de tódolos libros reseñados cada mes:

“Cata de libros” todos los avances editoriales que se reseñan en la revista, podrás escuchar una selección en formato MP3 desde tu ordenador o reproductor portátil.

Este verano, podemos "catar" más de 120 libros, ademais de escoitalos, eles recomendanos:

  • Wicked : memorias de una bruja mala / Gregory Maguire ; traducción de Claudia Conde. — Barcelona : Planeta Internacional, 2007
  • El quinto día / Frank Schätzing; traducción de Griselda Mársico. — Barcelona : Planeta, 2006
  • El significado de la noche / Michael Cox ; traducción de Alberto Coscarelli. — Barcelona : Planeta, 2007
  • Todo bajo el cielo / Matilde Asensi. — Barcelona : Planeta, 2006
Se despois de "catalos", quedanche gañas de máis, pásate polas Bibliotecas Municipais de A Coruña, para continuar cá lectura de calquera deles.

 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 30-07-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras 28-07-2007

Juan José MillásNo Blog do Club de Lectura de Monte Alto, recomendábamos a lectura dun pequeno conto de Juan José Millás, que aborda o tema da descatalogación de libros e os epitafios. Non cho perdas!

Juan José Millás, acaba de publicar Sombras sobre sombras, e a súa páxina web ofrece a posibilidade de ler gratuitamente algunhas páxinas do libro.

Sombras sobre sombras 

E se che gusta este escritor, ou queres descubrir a sua obra, nas Bibliotecas Municipais de A Coruña, pódedes desfrutar de gran parte da creación de este excelente escritor:

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral, Novas 26-07-2007

Na Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano amosaremos durante estes meses os libros mais queridos da literatura infantil e xuvenil:

Unha selección de "Os máis queridos da literatura infantil e xuvenil”, escollidos polos bibliotecarios municipais pódese gozar na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano.

 Os mais queridos

Nesta selección tamén é importante a túa opinión. Axúdanos cá mostra votando polos teus favoritos. Interésanos coñecer as túas preferencias, así como as dos teus amigos, fillos, irmáns, avós, veciños, etc. Participa para que todos poidamos gozar das mellores lecturas.

Entre os participantes sortearanse dúas coleccións de libros infantís antigos editados polo CEPLI (Centro de Estudos de Promoción da lectura e a Literatura infantil), en colaboración co Patronato Universitario. Tes ata finais de ano para participar.

Contanos, ¿cales son teus preferidos? ¿qué titulos lembras con maior cariño da tua infancia? dinos e os teus preferidos poderan subir o noso podium.

Podium da mostra os mais queridos Podium da mostra os mais queridos Podium da mostra os mais queridos

Podium da mostra os mais queridos 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 24-07-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 19-07-2007

Fálabamos noutro post sobre cales eran as películas máis demandas entre os usuarios das Bibliotecas Municipais de A Coruña, nese Top, faltábanos coñecer as opinións dos máis pequerrechos, eles tamen teñen moito que dicir, e estas son as películas que máis viron:

  1. Aprender y jugar con Tommy & Oscar
  2. Tom y Jerry
  3. Lucky Luke
  4. Ranma 1/2
  5. Shrek 2
  6. Los Picapiedra
  7. W.I.T.C.H. : Will, Irma, Taranee, Cornelia, Hay Lin
  8. Heidi ; Marco
  9. La Cenicienta
  10. Pesadilla antes de Navidad
  11. El Cid, a lenda
  12. El espantatiburones
  13. Mulan : La leyenda de una guerrera mítica
  14. Dragones & mazmorras
  15. Wickie : el vikingo

 

Tom y Jerry  Lucky Luke  Ranma  Shrek

Los PicapiedraWitch Heidi Marco La Cenicienta

El Cid  Espantatiburones  Mulan  Vikingo

Entérate tamen de:

 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 17-07-2007

As Bibliotecas Públicas de Cataluña, no seu blog Un Viatge ple de veus, faise eco da mostra Viaxes á Carta da Biblioteca Forum Metropolitano:

“Viaxes á carta” a la Biblioteca del Forumetropolitano de A Coruña, o una altra forma de viatjar: "Viaxes á Carta" ofereixen un menú suggerent i atractiu a través d’una carta en què el lector pot triar entre els sabors de la natura, la ciència, el pobles, el cinema… i tot això, amb l’acompanyament dels bons vins! I és que la lectura és una forma de viatjar… 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 16-07-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral

Os materiais audiovisuais (música e video) son unha parte moi importante das coleccións das bibliotecas, respecto aós videos, o que vai de ano, (Xaneiro - Xullo) as películas máis prestadas para o público adulto, nas nosas bibliotecas, son:

  1. El mundo en guerra
  2. Matar para vivir 
  3. Yo, Claudio
  4. La guerra civil española
  5. El padrino
  6. Guerra y paz
  7. El Nombre de la Rosa
  8. Memoria de España
  9. Napoleón
  10. O Brother, where Art Thou?
  11. Princesas
  12. Amores perros
  13. Planeta azul : La vida en los oceanos
  14. Éxodo
  15. Sangre fácil = Director’s cut

   Yo Claudio To Claudio  Exodo  Guerra y Paz 

 Guerra Civil Española   Memoria de España   El mundo en guerra

Sangre fácil  Oh brother  Amores perros  El Padrino

 Princesas      El nombre de la rosa

A vista do ranking parece que triunfan as versións peliculadas de grandes momentos da historia, feitos históricos e os documentais da natureza.

Entérate tamen de:

 

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas 10-07-2007

Viaxes á carta na Biblioteca Forum MetropolitanoCoa chegada das vacacións e o tempo libre nada mellor que  desfrutar viaxando, coñecendo,comendo, bebendo e lendo. 

Para iso a Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano organizou una mostra bibliográfica repleta das mellores e mais variadas recomendacións para disfrutar este veran:

A mostra ofréceche a posibilidade de confeccionar un menú especial no que poidas viaxar polos sabores da ciencia, da natureza, do cine, dos pobos… e todo iso acompañado dos nosos mellores viños.

Viaxes á carta estará dispoñible durante todo o verán, ata o 30 de Agosto, pódedes consultala "in situ" no horario de verán de apertura da biblioteca (9 - 14 e 16 - 21), pásate por aquí para levarte en préstamo o que che pete ou que che colla no peto.

Para ir abrindo boca, podes descargarte a guía menú (en pdf) e botar unha ollada na galería monográfica sobre a mostra.

Anota:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos s/n. 15006 A Coruña - Teléf.: 981 184 298 - Fax: 981 184 295 - bforum@aytolacoruna.es